Páxinas
| L | M | M | X | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Xan | ||||||
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | |||||
Histórico
Lista de ligazóns (blogroll)
Meta
Artigos recentes
- Escritores da Costa da Morte
- Sonche ben raros os verbos
- Xogando coa literatura: o século XX
- Xogando coa literatura
- Música para a poesía: Amancio Prada canta a Rosalía.
Categorías
Comentarios recentes
26th Xaneiro 2009
Despois deste temporalón que nos levou aos que vivimos «na aldea» aos tempos dos nosos avós, sen teléfono, sen luz, sen internet… regresamos ao mundo internáutico e podemos xogar un pouco. Lembras os feitos máis improtantes da lietaratura do século XX?? Ímolos repasar, así que preme aquí e despois en «Start game» e decide ti se xa o tes calro ou debes repasar.
Se as acertaches todas, segue así.
26th Xaneiro 2009
Nestes días de temporal non,q ue non se pode,q ue non temos luz, ou teléfono, ou internet… Eu, por exemplo, estou medio afastada do mundo. Non sabe unha o que é a LUX ata que chega un temporalón e vólvenos aos tempos dos nosos avós. desde logo a xente tiña máis tempo para falar…
Pero cando volve a luz podemos xogar, e neste caso propóñovos repasar algúns nomes e datos fundamentais da literatura do século XX. Entra aquí e preme en «Start game». E xa sabes, se non acertaches nun unha… repasa!!!!
22nd Xaneiro 2009
Música e poesía naceron da man e desta simbiose naceron obras de arte como esta inigualable versión da Negra sombra de Rosalía de Castro na voz do cantautor berciano Amancio Prada. Todos os seus temas cantando a Rosalía forman parte xa do baúl da nosa memoria cultural imperecedeira.
22nd Xaneiro 2009
Teño dous fillos. Os dous son meus. Mais naceron doutros corpos. Ela, na Galiza. El, ao outro lado do mundo, en Ankang, a carón de Xián. É o meu pequeno guerreiro de terracota.
Un dos momentos máis emocionantes e difíciles da miña vida foi o encontro en Xián. Viñamos dunha longa, longuísima viaxe e do aeroporto fomos directos ao seu encontro, con todos os nervios do mundo na pel. Esta é a testemuña:
O meu fillo verde trouxo debaixo do brazo moita poesía, moita beleza.
En China existe unha vía específica para adoptar nenos e nenas con necesidades especiais. Chámase pasaxe verde. A nosa historia contárona, en parte, na Voz de Galicia. Existe unha asociación de familias adoptantes por pasaxe verde en España. Alí podedes informarvos de todo o proceso e ler as experiencias doutras familias.
22nd Xaneiro 2009
Son das que coida que se a xente non se achega á poesía, a poesía debe achegar se á xente, mesturarse con ela, toparse con ela cando vai de copas, na cola do super, tomando o sol na praia ou preparando o caldo.
Escoitar a poesía na voz doos autores e autoras é unha experiencia que non deixa indiferente a ninguén.
Por poñer algúns exemplos, velaquí tendes a voz de Paco Souto, do que falamos hai pouco noutra anotación, nun espectáculo conxunto imaxe-piano-voz poética. Por suposto non é o mesmo velo en directo que nun vídeo en internet, pero despois de escoitalo seguro que vos apuntades ao seu próximo espectáculo… Este é un poema do seu libro Como aguas de maio, que presentara no seu día na alternativa sala Galán de Compostela
Aínda que o meu preferido é este, no que el mesmo escolle un poema do seu último libro, As horas de María, e recítao sobre o fondo da praia de Canido, a carón da súa casa, en Malpica. Podes escoitar «Carta última aquí:
ou visionala:
Tamén Iolanda Castaño, a coñecida presentadora de «Cifras e Letras» da TVG, gusta de converter o seu verso nun fenómeno audiovisual. Este é un exemplo:
Outras das voces máis orixinais da poesía galega actual é a desenfadada, orixinalísima e versátil poeta de Cee, a grande María Lado:
Non podía faltar nesta anotación Lino Braxe, a quen coñecín na facultade de Filoloxía da Coruña no ano 1984. Este poeta polifacetiquísimo, anovador e cheo de matices non para de sorprendernos con cada un dos seus proxectos (poéticos ou non) e explícanos neste vídeo como entrou no mundo da poesía, pro que se converteu en poeta:
Para irmos rematando por hoxe preséntovos a voz forte e firme de Rafa Villar, un dos meus poetas preferidos. Estou segura de que vai ser un dos elexidos para non ser esquecido pola memoria colectiva nun futuro lonxano. É o seu case redondo poemario Migracións:
Como vedes a temática é do máis actual…
Agora vouvos deixar unha lista de reprodución dos meus vídeos preferidos de poetas a falar de poesia:
21st Xaneiro 2009
Que tal se creamos unha galeria coas imaxes dos/das poetas dos que vós e mais eu falemos?
Created with Admarket’s flickrSLiDR.
21st Xaneiro 2009
A autora de Non son de aquí aportou algúns poemas do seu primeiro libro O estadio do espello (1998) á antoloxía de poesía galega dos 90 dEfecto 2000. Nesta escolma participaron tamén, ademais de poetos, outras recoñecidas mulleres da poesía galega dos 90 como Marilar Aleixandre, Iolanda Castaño, Emma Couceiro, Marta Dacosta, Lupe Gómez, María Lado, Olga Novo, Chus Pato e Isolda Santiago.
A edición levouna ao prelo Letras de Cal, interesante proxecto editorial colectivo coa finalidade de dar a coñecer as voces novas. De entre as persoas que impulsaron esta iniciativa cara aos novos creadores e creadoras aparece Paco Souto, escritor afincado en Malpica.
21st Xaneiro 2009
Achégase o día da Paz.
Que non a paz, que anda aínda moi lonxe de se achegar.
Hai poetas que en todas as linguas predicaron a paz.
Para todas as persoas hai pequenas experiencias cotiás que nos achegan a ela, a esa paz individual e momentánea que é posible mesmo na peor das circunstancias.
Seguro que podedes achar poemas de autores galegos que falen da paz.
Boa parte da miña paz cotiá veu de Ankang, máis aló do Río Amarelo, en China.
Da man do meu fillo.
E aló tamén hai palabras que nomean a paz.


